
Interpreguiza!
Web Site
PERSONAXES

Actriz. Chámome Eva, e penso que xa está. Teño como hobbie a fotografÃa medio profesional e debuxar con nivel. Aspiro a ser unha escultora recoñecida, e co resto da xente de esta páxina actúo por diversión e ocupo as mañás dos sábados creados por persoas que non existen.

Actriz. Considérome unha persoa faladora, tranquila e alegre e gústame que a xente que se atopa comigo estea contenta. Debo admitir que son bastante terca e con moito orgullo, pero que se lle vai facer... No meu tempo libre gústame escoitar música, como David Guetta, e ver pelÃculas de acción e comedias.

Actriz. Apasionada de facer o pallaso pero seria cando a situación o pide. Boa amiga, sabendo apreciar dÃa tras dÃa o que ten. Nacida para disfrutar a vida con un sorriso.

Actriz. Considérome a mellor actuando. Son demasiado expresiva, chillona e un pelÃn histérica. Encántame a música e saÃr de festa. Amiga dos meus amigos e enemiga dos meus enemigos (literalmente, teño unha lista negra.) Bolboreta.

Actor. Gracioso, extrovertido, gústanme as novas experiencias, pasar o tempo cos amigos e como non.. actuar!

Actor. Excéntrico, polifacético, versátil e variopinto. Asà considero eu, debe ser o teatro, e como actor, teño a responsabilidade de interpretar cada papel, cada xesto, cada mÃnimo suspiro coa entrega e dedicación que o teatro merece en acto. E tras esta ñoñerÃa, confésome tolo e manÃaco das artes escénicas (que no fondo non deixa de ser xogar coma crÃos) Xa sexa comedia, drama, danza, mimo... Porque o teatro é un órgano vivo que todo intérprete se encarga de mellorar en cada pase.

Actor. Non son coma ninguén polo simple feito de que ninguén é coma min. Se algo me define é a miña gran capacidade para non pousar os pés na Terra máis do estrictamente necesario, por non entrar na catagorÃa de tolo, á cal pertenzo dende sempre, son só a suma de todo o bo que pasa. Esquezo o malo tan pronto como se esquece unha nube gris en canto sae o sol. Encántame vivir o dÃa cun sorriso continuo e tentar compartilo cos demáis canto poda.

Actriz. Aficcionada ó baile e ó teatro. Gústame demasiado pintar a mona e facer rir á xente. Considérome simpática e son desas persoas que sà saben escoitar, como tamén son das que se emocionan moi facilmente. Encántame levar a contraria e sacarme fotos ao chou. Enamorada dos cisnes.


Gardaespaldas. Descrito como gardaespaldas nesta páxina, son máis ben un acoplado ao grupo de teatro, o último compoñente que se uniu. Son unha persoa que aparenta ser seria, pero máis ben son divertido (ou intento selo), tÃmido e bastante formal. Namorado dos deportes, sobretodo do Taekwondo, paixón que vivo dÃa a dÃa. Gran falador, asà como oÃnte. Gústame axudar en todo o que se poida. Son unha persoa tranquila e pacÃfica. Adorador de gatos e defensor do medio ambiente.

Actriz. Nunha tarde chuviosa de inverno, no mes de outubro do 96 nacÃn eu, unha rapaza que recibe o nome de Olalla. Dende ese dÃa o meu único lema é disfrutar da vida ao máximo e levantarme cada mañá cun sorriso de orella a orella. Encántame falar e son extrovertida. Moi sensible en tódolos aspectos, co cal choro con facilidade. Amiga dos meus amigos e enemiga dos meus enemigos. Un dos meus talentos é querer as persoas que me demostran o mesmo.

Actriz. Tranquila e optimista, sempre intento verlle o lado positivo ás cousas. AÃnda que normalmente son bastante tÃmida, deixo os nervios a un lado cando salgo ao escenario en cada representación.
Interested in hiring us for one of your special events? Lets Talk.​